O Festigual celebra o Día da Diversidade

A Praza de María Pita acolleu o domingo 3 de decembro varias actividades do Festigual, Festival de Artes pola Inclusión Cultural, organizado pola Fundación Emalcsa e o Concello de A Coruña, que serviron para conmemorar o Día Internacional da Diversidade Funcional e Sensorial. Comezaron ás 12.00 horas, cun acto protagonizado por 28 entidades sociais da cidade e a Área Metropolitana, que reuniu a decenas de persoas baixo paraugas multicores que representaban o respecto e a integración da diversidade.

Alí déuselle lectura ao manifesto Baixo o mesmo paraugas, no que o alcalde, Xulio Ferreiro, y a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, referendaron o compromiso do goberno local co “derribo das murallas que acurralan ás diversidades” e na busca dunha cidade plenamente accesible e inclusiva. A continuación, sucedéronse dous concertos, unha actuación da cantante Guadi Galego e outra do proxecto María Fumaça, unha aposta de Uxía para visibilizar as diversidades.

Na iniciativa participaron, de maneira activa, membros de Acem, Adaceco, Afaco, Aind, Apem, Artefíos, Asociación Pascual Veiga, Aspaber, Aspace Coruña, Aspadex, Aspadisol, Aspanaes, Aspaym, Asperga, Aspesor, Aspronaga, Dismacor, Down Coruña, Feafes, Fegerec, Fundación Adcor, Grumico, Onde, Pai Menni, Parkinson Coruña, Predif, Red de Fibromialxia y la Unidade de Parapléxicos da Coruña.

Festigual Programa Cultura Accesible e Inclusiva

Actividade no Centro Ágora

A partir do mediodía, a actividade do Festigual continuou no Centro Ágora, cunha comida comunal e numerosos concertos, actuacións e proxeccións que contaron con gran éxito de público. Participaron Demusicade, Diversos, la Sociedad Filatélica, Tres por Cuatro, Proyecto Máscaras, La Quinta del Arte, la Asociación de Amigos del Museo de Belas Artes y Caxoto Contacontos.