En que consistiu
A Fundación Emalcsa está comprometida con enriquecer a nosa sociedade cos valores do deporte mediante a organización e o fomento da súa práctica. Por iso facilítanse as iniciativas dos cidadáns e o exercicio de participación en actividades de interese xeral.
O estudo, elaborado en 2012, recollía unha análise cualitativo e cuantitativo do asociacionismo deportivo coruñés, e tamén as súas suxestións, problemas e necesidades. Un total de 44 asociacións participaron na elaboración do traballo.
Os datos serviron para sentar as bases do Plan Director do Deporte Municipal e guiar o Programa Deporte Solidario que se implantou ao ano seguinte.

