En que consistiu
A Fundación Emalcsa colaborou coa Fundación Novacaixagalicia e o Concello da Coruña para desenvolver a exposición ‘María Pita 1876-1913-2013. A praza das nosas vidas’.
A través de 80 fotografías seleccionadas por Alberto Martí e Xosé Castro, relatouse a evolución dun dos símbolos da cidade ao longo da historia. Estas imaxes puideron contemplarse en 78 establecementos comercias situados no entorno de María Pita, de outubro de 2013 a xaneiro de 2014. Posteriormente editouse un libro coas imaxes.