En que consistiu
A Coruña foi unha das primeiras cidades de España en gritar “¡Qué viva la Pepa!” cando en 1812 as Cortes de Cádiz aprobaron a primeira Constitución da Historia de España. Para recuperar a memoria de aqueles feitos, o Concello, a Fundación Emalcsa e a Asociación de la Prensa de A Coruña realizaron la exposición, A Coruña-Cádiz: a Constitución hermana, sobre o segundo centenario da Carta Magna.
A exposición, localizada na Casa da Cultura Salvador de Madariaga entre decembro de 2012 e xaneiro de 2013, mostrou documentos, pezas militares e históricas e xornais liberais de Cádiz e A Coruña de comezos do século XIX.
A iniciativa contou tamén coa urna na que se celebrou a votación de La Pepa, a medalla do Centenario da Constitución de Cádiz, a réplica das chaves da Coruña, o acta de sesión do Concello na que se xurou a Constitución ou unha copia da Carta Magna impresa na nosa cidade. Pero o maior atractivo foi poder contemplar un dos sete exemplares orixinais que se conservan, e que saíu por primeira vez de Andalucía.
Organizáronse visitas escolares, editáronse documentos e celebráronse conferencias como oferta complementaria.