Picasso A Coruña 2015 – 120 anos despois

Acontecemento de excepcional interese público para conmemorar o 120 aniversario da primeira exposición do entonces neno Pablo Ruiz Picasso.

En que consistiu

A Fundación Emalcsa foi a encargada da organización do acontecemento de excepcional interese público A Coruña 2015-120 anos despois, para conmemorar o aniversario da primeira exposición (1895), do entón neno Pablo Ruiz Picasso, que residiu na cidade entre 1891 e 1895.

A mostra foi promovida polo Concello da Coruña e foi organizada por esta entidade, o Museo de Belas Artes da Coruña, a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e a Fundación Emalcsa, que contaron coa colaboración especial d Museu Picasso de Barcelona.

Entre febreiro e maio de 2015 organizouse no Museo de Bellas Artes da Coruña unha gran exposición para estudar en profundidade a primeira etapa da obra de Picasso, unha parte da súa produción que, a pesar de revelarse como fundamental, é descoñecida para o gran público.

A mostra reunía un importante volume de debuxos e pinturas de Picasso cedidos en préstamo polos Museos Picasso de Barcelona e de París, así como por los herdeiros do artista. Xunto a eles, obxectos que Picasso utilizou durante a súa aprendizaxe na Escola de Belas Artes, así como abundante documentación sobre A Coruña da época e obra de pintores coetáneos.

A exposición El primer Picasso. A Coruña: 2015 presentaba, a través de máis de duascentas pezas, das cales 81 eran de Picasso, un recorrido por uns anos fundamentais na formación do xenio andaluz, os que transcorren desde a súa chegada á cidade, en outubro de 1891, ata a súa marcha en abril de 1895.

Paralelamente á exposición, desenvolveuse un programa de visitas guiadas, obradoiros didácticos, concertos e outras actividades por diversos espazos da cidade, así como publicacións, eventos e comunicación online.

El Primer Picasso
El Primer Picasso
El Primer Picasso
El Primer Picasso
El Primer Picasso

Principales indicadores

Proyectos realizados

Personas beneficiarias

Entidades participantes

Euros destinados

Entidades colaboradoras

Patrocinadores Picasso