Coruña Futura celebra o seu terceiro foro

O terceiro foro de Coruña Futura, titulado Ciudades con proyecto, tivo lugar o pasado 30 de xuño no Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (Muncyt), e contou coa asistencia de máis de 150 personas. As sesións puideron ademais seguirse en directo a través de internet. Os relatores foron os arquitectos, Jaime Lerner e Anthony Mallows, e o alcalde de Pamplona, Enrique Maya. Os tres compartiron as súas experiencias e iniciativas innovadoras, polas que contan cun gran prestixio internacional, e estiveron acompañados polo presidente da Fundación Emalcsa, o alcalde Carlos Negreira, e o presidente da Fundación Metrópoli, Alfonso Vegara.

Fundacion Emalcsa Coruna Futura 2014

Ata o momento, máis de 900 cidadáns de A Coruña e a súa área metropolitana participaron xa nesta iniciativa, entre os tres foros e as distintas reunións sectoriais que se celebraron. A partir das súas ideas e aportacións se deseñaron catro vectores clave, que sintetizan as iniciativas presentadas en edicións anteriores e que foron sometidos á valoración dos representantes sociais reunidos no Muncyt. Son os seguintes:

  • Coruña Verde e Azul. Prantexa a mellora ambiental e paisaxística do territorio, a creación dunha malla verde, unha rede para peóns e bicicletas e a recuperación dos paisaxes rurais, entre outras iniciativas, algunhas das cales xa están en marcha. É o caso do carril bici metropolitano ou o ciclo da auga. Para o alcalde, a xestión e tratamentos de residuos sólidos urbanos e o transporte metropolitano son algúns dos seguintes retos.
  • A cidade tecnoindustrial A Coruña – Arteixo, con influencia ata Carballo e Cerceda. O seu epicentro será o porto exterior de Punta Langosteira, e terán unha importancia clave os polígonos de A Grela, Sabón e Morás, que xeran unha rede de enclaves do solo industrial sobre a que debe descansar toda a actividade xerada pola infraestrutura portuaria.
  • Coruña Emerge, unha iniciativa que recolle a aposta pola Avenida da Innovación, ao longo do Paseo da Marina e a Avenida Alfonso Molina. Será o eixe da economía do futuro na cidade e integra, ademais, os proxectos do Porto Urbano, o distrito da creatividade (Centro Histórico), a avenida da Saúde e a Cidade do Coñecemento. Neste ámbito, terán a súa localización actividades económicas asociadas aos clúster marítimo-portuario, turismo, calidade de vida e saúde, clúster dixital e o de solucións urbanas. Tamén será fundamental a colaboración coa Universidade e a figura do Cidea, o centro de produción de deseño que se localizará na antigua Comandancia de Obras.