Unha exposición recordará o papel de A Coruña na Constitución de Cádiz

A exposición A Coruña-Cádiz: a Constitución irmá, inaugurarase o 1 de decembro, gracias a un convenio entre o Concello, a Fundación Emalcsa e a Asociación de la Prensa. Poderá visitarse ata o 27 de xaneiro, na sala municipal Salvador de Madariaga.

A Coruña foi unha das primeiras cidades de España en gritar “¡Qué viva la Pepa!” cando en 1812 as Cortes de Cádiz aprobaron a primeira Constitución da Historia de España. Para recuperar a memoria de aqueles feitos o Concello, a Fundación Emalcsa e a Asociación de la Prensa de La Coruña firmaron o 26 de outubro un convenio de colaboración para poñer en marcha unha exposición sobre o segundo centenario da Carta Magna.

A mostra, que se celebrará entre o 1 de decembro e o 27 de xaneiro na sala de exposicións Salvador de Madariaga, recollerá unha serie de documentos, artigos e obxectos orixinais, relacionados coa época e coa urbe herculina. Ademais, como complemento, organizaranse charlas sobre a historia de aqueles días, sobre as distintas constitucións españolas e sobre outros puntos de conexión entre Cádiz e A Coruña.