Consulta todos os campamentos de verán que forman parte de Deporte Solidario

Un dos obxectivos da Fundación Emalcsa é promover unha sociedade diversa, e por iso desenvolvemos iniciativas que impulsan a integración de persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social a través do deporte, creando unha igualdade de oportunidades para todos.

Por iso, ademais das actividades que distintas entidades realizan ao longo do ano dentro do programa Deporte Solidario e Inclusivo, durante a época estival, tamén se puxeron en marcha campamentos e campus de verán nos que se continúa co labor de promoción do deporte como instrumento de intervención e transformación social.

Estas son as entidades que, dentro da VII convocatoria do programa Deporte Solidario e Inclusivo, manteñen as súas actividades durante este verán:

AMI Montañismo

Contan con dúas actividades, un Campamento de Verán, que se desenvolverá durante o mes de xullo orientado a nenos e nenas de distintas idades, e un Campus de Verán, dispoñible a partir do 27 de xuño hasta a primeira semana de agosto, de luns a venres de 9 a 14h e os xoves ata as 17h.

Club Esgrima

Durante o verán, desde o Club Esgrima seguen a promover este deporte entre os máis novos cos seus Cursos de Esgrima gratuitos, e enfocados a todos os nenos e nenas que queiran aprender un pouco máis sobre a esgrima.

Todos os interesados en participar neste curso de iniciación á esgrima, poden facelo apuntándose a través de Servicios Sociais, ou chamando ao 722 81 99 64 ou ao 696 94 26 21.

Escuela de Tenis Marineda

Desde Escuela de Tenis Marineda contan cun campamento de verán do 22 ao 26 de agosto para nenos e nenas derivados de centros cívicos da cidade (20 prazas dispoñibles) e da asociación Aspronaga (10 prazas dispoñibles).

Os interesados en inscribirse deberán facelo a través do formulario dispoñible nos centros cívicos coruñeses antes do 30 de xuño.

RC Náutico – Escola de Vela

Desde o RC Náutico contan con cursos de vela todas as semanas de xullo e agosto de 10  a14h. ademais dun campamento, temén durante esos meses, en horario de 10 a 17h. En ambos casos, as actividades realizaránse de luns a venres.

Hay 10 prazas reservadas para nenos e nenas a través do programa Deporte Solidario. Para participar, hay que cumprir dous requisitos: ter ente 6 e 17 anos e saber nadar. As reservas de prazas faranse a través da web do Clun Náutico ou de maneria presencial na súa sede.

Club Natación Coruña

Do 27 de xuño ao 2 de setembro teñen dispoñible o Campamento Deportivo La Solana, con 10 tunos de unha semana de duranción cada un. En cada turno, hay entre 3 e 4 prazas para nenos e nenas derivados do programa Deporte Solidario.

Está dirixido a nenas e nenos de entre 3 e 13 anos. A reserva de prazas realízana os responsables das asociacións colaboradoras e centros cívicos coruñenes poñéndose en contacto directamente coa escola. Unha vez se confirma a dispoñibilidade da praza, realízase a inscrición a través da súa páxina web.

Club Halterofilia Coruña

Este verán, o campamento de halterofilia do club realizarase do 31 de agosto ao 3 de setembro. Hai entre 15 e 20 prazas reservadas para os nenos e nenas que participaran no seu proxecto social durante o curso.

O requisito para participar é estar federado en halterofilia polo club, e non supón un custe adicional para os nenos e nenas que xa formen parte do seu proxecto social.

Club Torre SD

Este verán puxeron en marcha a sétima edición das súas Xornadas Solidarias de Deporte Adaptado e Inclusivo. Trátase dun campus gratuito dirixido a familias en risco de exclusión e a rapaces e rapazas con capacidades diversas.

O campus terá lugar de luns a venres do 4 ao 29 de xullo en horario de 18 a 20h nas instalacións deportivas da Torre. Ademais, contan cun grupo de actividades específico para nenos e nenas con grandes discapacidades, de 11 a 13h.

Todas as actividades están enfocadas a nenos e nenas de 5 a 16 anos e realizaranse en grupos de idades similares. Os interesados poden inscribirse tando no local do Club Torreo ou o primeiro día de asistencia ao campus.

Club Maristas

Contan con dúas actividades este verán: o XVI Campamento de Verán Perbes 2022 e o V Campus Mellora o teu Basket, para os que teñen reservadas 10 prazas para nenos e nenas derivados do programa Deporte Solidario.

O Campus de Verán será do 23 ao 30 de xuño e está enfocado a nenos e nenas desde terceiro de primaria a primeiro de bacharelato. O Campus Mellora o teu Basket, pola súa parte, realizarase do 4 ao 8 de xullo para nenos e nenas de 5 a 14 anos. Contan con servicio de madrugadores de 9 a 10h.

Alquimia Inline

As actividades de verán realizaranse en dúas tandas: do 18 ai 22 de xullo e do 26 ao 29 de xullo. Destinan 2 prazas por semana a nenos e nenas derivados de Deporte Solidario.

O único requisito para inscribirse é a derivación directa do centro cívico. Unha vez iniciado este proceso, desde o club póñense en contacto cos pais, nais ou titores legais dos nenos e nenas para finalizar a inscrición.

Zalaeta 100Tolos

O campamento de verán realizarase enreo 4 e o 15 de xullo para nenos e nenas nados entre o 2007 e o 2015. O horario será de 10 a 14h, de luns a venres.

Hai xa 6 prazas ocupadas por nenos e nenas becadas do programa social do club Integratlon, pero poderanse dispoñer de 10 prazas adicionais.