Constitución da Fundación Emalcsa

A Fundación Emalcsa constitúese polo Concello de A Coruña e a súa empresa pública municipal Emalcsa, ao servicio de fins de interese xeral nos ámbitos dos asuntos sociais, deporte, cultura, educación, e desenvolvemento económico e urbano, de acordo aos seus Estatutos.

A entidade fundadora é a Empresa Municipal de Augas de La Coruña S.A. EMALCSA, cuxo capital social pertence na súa totalidade ao Concello de A Coruña. En consecuencia, a Fundación EMALCSA forma parte do sector público local aos efectos previstos na normativa de aplicación.

A Xunta Xeral de EMALCSA, formada pola totalidade de concelleiros que forman o Concello Pleno de A Coruña, mediante acordos de data 15 de xuño de 2009 e 7 de xullo de 2011, aprobou a constitución da Fundación EMALCSA.

A Fundación EMALCSA foi constituída en escritura pública outorgada en A Coruña, o 17 de febreiro de 2012, ante o notario José Guillermo Rodicio Rodicio, co número de protocolo 284, modificada por outra outorgada tamén en A Coruña, o 2 de abril de 2012, ante o notario Isidoro Antonio Calvo Vidal, con número de protocolo 385.

A Fundación EMALCSA foi clasificada como de interese asistencial, de fomento da economía social, educativa, deportiva e cultural e adscrita ao protectorado da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza por orde de 30 de abril de 2011 (Diario Oficial de Galicia de 2 de maio de 2012).

A Resolución da Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de 9 de maio de 2012 (Diario Oficial de Galicia de 16 de maio de 2012) declara de interese galego á Fundación EMALCSA e ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. A inscrición realizouse co número 2012/6.