Celébrase a IV edición do obradoiro cinematográfico inclusivo Xpresa da man de (S8) Mostra Cinema Periférico

Xpresa é un proxecto de (S8) Mostra Cinema Periférico da Coruña que traballa co obxectivo de transformar a sociedade a través da difusión e divulgación da cultura cinematográfica desde todas as súas vertentes.

A IV edición de Xpresa, que forma parte por segundo ano consecutivo do Programa Cultura Accesible e Inclusiva da Fundación Emalcsa, que se celebrará do 6 ao 9 de xullo, está destinado a mozos e mozas de Asperga e da Fundación Adcor e durante as xornadas poderán deselvolver todo o seu potencial creativo da man do reputado cineasta Andrés Duque.

O obxectivo deste obradoiro, que terá lugar na Fundación Luis Seoane, é que os participantes tomen conciencia da importancia da creación audiovisual, dunha maneira máis accesible e persoal, como xeradora de novas formas de narrar.