Convenios con INCYDE e a Cámara de Comercio sobre emprendimiento

A Fundación Emalcsa firmou un acordo coa Cámara de Comercio de A Coruña e a Fundación Incyde (Instituto cameral para la creación y desarrollo de la empresa) e adiantou a firma dun novo acordo para dotar ao CIEM (Centro de Innovación y Emprendimiento Municipal) de mobiliario e equipamento. O acordo foi rubricado polo presidente da Fundación Emalcsa, o alcalde Carlos Negreira, co presidente da Cámara de Comercio, Marcelo Castro-Rial e o director xeral da Fundación INCYDE, Javier Collado, ademais da tenente de alcalde de Emprego e Empresa, Luisa Cid.

Os dos convenios xa firmados supoñerán unha inversión de 91.794 euros, o 80% a través do Fondo Social Europeo, que se destinarán a dous programas de formación. O primeiro centrarase na creación e consolidación de empresas e autoempleo, co título Emprende en positivo, e contará cunha xornada de reforzo. Diríxese tanto a emprendedores que queiran desenvolver as súas ideas como a pequenas e medianas empresas que busquen consolidarse ou incrementar a súa rendibilidade.

O segundo centrarase no das industrias culturais e creativas e terá, tamén, a súa correspondente xornada de reforzo. Conta coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a través da Fundación Incyde: “Somos a única institución española que ten este tipo de colaboración co ministerio para desenvolver seis ou sete programas ao ano”, destacou Javier Collado.

Carlos Negreira tamén informou de que, no transcurso da reunión, acordouse a firma dun novo convenio por importe de 100.000 euros (o 80%, a través do Fondo Social Europeo) para dotar ao CIEM de equipamento e mobiliario: “En total, coa colaboración da Fundación Incyde e a Cámara de Comercio de A Coruña, estamos destinando máis de 1,5 millóns de euros a este proxecto que nace da colaboración institucional. O noso obxectivo é situarnos na primeira liña do noroeste español e apostar por unha fórmula de futuro: buscar emprendedores e xerar actividade económica”.