A presidenta da Fundación Emalcsa e alcaldesa da Coruña, Inés Rey, ven de firmar un protocolo de colaboración con varias asociacións da cidade que se verán beneficiadas de novo polo plan PRESCO. “As persoas autónomas y micropemes xa poden solicitar as axudas aprobadas co novo PRESCO, un plan de reactivación de máis de 6,2 millóns de euros para paliar os efectos económicos e sociais da crise derivada da covid-19″, sinalou Rey durante a súa intervención.
No acto estiveron presentes representantes da Federación Unión de Comercios Coruñesa (FUCC), da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería da Coruña, da Asociación Local de Autotaxis da Coruña, da Asociación Herculina do Taxi (Radio Taxi) e da Asociación de Estilistas Coruñeses (ECIPA) que, xunto coa Fundación Emalcsa se encargarán da difusión da iniciativa entre os seus asociados.
Todos os comerciantes dos sectores que se beneficiarán dos bonos PRESCO, comercio minorista, taxis locais de hostalería, industria e profesionais da cultura e locais de estética e peiteado, xa poden darse de alta na plataforma do programa na súa páxina web. Será o vindeiro 15 de setembro cando todos os coruñeses e coruñesas poderán comezar a utilizar os bonos.
“Os bonos PRESCO son un enorme esforzo orzamentario por parte do concello da Coruña, que no ten parangón en concellos do mesmo tamaño e poboación”, destacou a presidenta da Fundación Emalcsa. Trátase dunha lña de axudas pioneira na que se leva investidos máis de 20 millóns de euros desde o ano pasado.
Máis información en www.presco.coruna.gal