A cuarta entrega de Lírica Inclusiva arranca mañá mércores ás 19:00 horas no Centro Cívico de San Diego, en Os Castros. A soprano Carmenchu Domínguez e o tenor David Ferreiro ofrecerán un programa moi atractivo e variado con arias de coñecidas óperas, zarzuelas, musicais e cancións. Con acompañamento pianístico de Gabriel López, ambos intérpretes cantarán escenas como a célebre do balcón de ‘West side story’, ‘Un be dí vedremo’ de ‘Madama Butterfly’, ‘Una furtiva lagrima’ de ‘El elixir de amor’ o Bella enamorada’ da zarzuela ‘El último romántico’ del compositor gallego Reveriano Soutullo, entre moitas outras. A entrada é libre ata completar o aforo da sala.
A soprano dominicana Carmenchu Domínguez foi unha das artífices do éxito do ‘Don Carlo’ de Verdi que se ofreceu o pasado sábado no Teatro Colón como parte da Programación Lírica coruñesa, onde interpretou a ‘Voz del Cielo’. Residente en Chicago, este verán interpretou ‘Suor Angelica’ de Puccini en Estados Unidos. O tenor coruñés David Ferreiro tamén poido ser escoitado recentemente no Teatro Colón, como uno dos solistas do ‘Réquiem’ de Mozart que ofreceron alí a Orquesta e o Coro Gaos.
Impulsado por Amigos da Ópera e Fundación Emalcsa, ‘Lírica Inclusiva’ naceu en 2016 co obxectivo de levar a ópera a outros espazos, sacándoa dos teatros para levala aos barrios, crear novos públicos e ademais achegar o xénero a persoas con discapacidades, mobilidade reducida… Ata agora ofreceron xa recitais e concertos en lugares como o albergue de Padre Rubinos, a Asociación Down Coruña, os centros cívicos de Monte Alto e Vioño e o Centro Ágora, entre outros. Esta iniciativa, que forma parte da Programación Lírica coruñesa, é candidata este ano a recibir un dos Premios Líricos Nacionais, que se entregarán en 2020.