Performance da exposición de fotografía ‘Taigeto, Sueños y Normalidad’

A exposición de fotografía colectiva de Poten100mos permanecerá aberta ata o 3 de decembro.
-
Centro Ágora

A Asociación Poten100mos presentan o 21 de novembro a Performance ‘Taigeto, Sueños y Normalidad’, que inaugura a exposición de fotografia colectiva co mesmo nome, que permanecerá aberta ata o 3 de decembro.

‘Taigeto, Sueños y Normalidad’ é unha exposición fotográfica colectiva editada tamén como libro no que se trata de amosar a normalidade da diferenza, o día a día das persoas coas súas capacidades. Ademais, o grupo de expresión corporal do colectivo DiversidArte crea, a partir da obra fotográfica, unha representación multidisciplinar que incide nas cousas que nos unen, pero tamén na riqueza e na necesidade de ser diferentes.

Podes consultar a programación completa do FESTI=, Festival de Artes pola Inclusión Cultural aquí