Como colofón do Festival de Artes pola Inclusión Cultural, o día 1 de decembro celebrarase unha gran xornada chea de actividades.
-
- 16:00h. Concerto inauguración da Orquestra de Cámara Galega dirixida por Rogelo Groba a cargo de Demusicade.
- 16:00h a 18:00h. Obradoiro de Zalaeta Deseñando sons.
- 16:30h a 18:00h. Proxección da Asociación Proxecto Máscaras ‘E voto porque me toca’. Estrea Auditorio do Centro Ágora.
- 16:30h. Mostra do obradoiro de danza e movemento creativo, Sen Ánimo de Nome.
- 17:00h a 19:00h. Contos pola diversidade: lingua de signos, igualdade, diversidade, cooperación… Contadores/as: Paula Carballeira, Avelino González, Atenea García e Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.
- 18:00h a 19:30h. Obradoiro aberto terapia cráneo-sacral. Sen Ánimo de Nome.
- 18:00h a 20:00h. Musi= Pinchada DJ con valores. Asociación Negus.
- 19:30h. Mostra obradoiro de capoeira Angola, Sen Ánimo de Nome.
- 20:00h. Concerto de Vacas ( entradas de balde ata completar aforo).