O programa ‘Deporte Solidario e Inclusivo’, impulsado pola Fundación Emalcsa e o Concello da Coruña, en colaboración con Gadis, abre o prazo de inscrición de solicitudes na súa IX Convocatoria de axudas para o desenvolvemento de proxectos cuxo obxectivo é o fomento do deporte base e a promoción da igualdade da oportunidades e a integración social.
As bases da convocatoria, que xa están dispoñibles na páxina web da Fundación Emalcsa, marcan o 6 de xuño de 2022 como data límite para a presentación de solicitudes.
Desde a súa primeira edición, o programa ‘Deporte Solidario e Inclusivo’ promoveu a actividade deportivo-social de máis de 180 entidades coruñesas para poñer en marcha diferentes actuacións que fomenten a inclusión e a igualdade no deporte a través de alianzas de colaboración con distintas entidades sociais.
A novena edición do programa ‘Deporte Solidario e Inclusivo’, promovido por Fundación Emalcsa, estará dotada de 250.000€ destinados a proxectos deportivos cos que se pretende impulsar a inclusión social de colectivos socialmente vulnerables.