A Fundación Emalcsa visita a Fundación María José Jove para avaliar o funcionamento do programa Aliad@s

A presidenta da Fundación Emalcsa e alcaldesa da Coruña, Inés Rey, visitou as instalacións da Fundación María José Jove para coñecer de primeira man o funcionamento do programa Aliad@s, co que colabora a propia fundación. Trátase dun programa de intervención socio-formativa adicado á mocidade que, por diferentes circunstancias, se encontra en situación de risco social por non ter participado en accións formativas regradas.

Todos os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 16 e os 21 anos, poderán participar nesta nova iniciativa levada a cabo entre ambas entidades, de maneira que os máis novos podan volver a vincularse á formación e á actividade sociolaboral dunha forma moito máis sinxela.

No propio programa, que xa ten axudado a unhas 58 persoas desde a súa creación, facilítase a integración dos participantes en sesións de formación en áreas laborais, sesións de habilidades sociais e obradoiros de orientación laboral e formativa, entre outros. Por outra parte, e ademais da formación teórica, todos os mozos e mozas poderán culminar a súa pertenza ao programa cunha estancia práctica nunha empresa colaboradora, co obxectivo de poñer en práctica todo o aprendido.

Ademais da presidenta, tamén acudiu á cita a vicepresidenta da Fundación Emalcsa e concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación, Yoya Neira, que quixo amosar o seu compromiso coa entidades colaboradoras por ter desenvolto un proxecto que permite achegar o mundo laboral a toda mocidade, sen importar as súas circunstancias persoais. Tamén puxo en valor a colaboración das entidades públicas coas privadas para chegar a entender situacións complexas e intentar acadar solucións conxuntamente. “O programa Aliad@os é un exemplo de colaboración entre institucións en favor da mocidade da nosa sociedade que pola súa situación persoal ou laboral teñen dificultades para poder desenvolverse dentros dos circuítos convencionais”, sinalou Inés Rey, presidente da Fundación Emalcsa.

En definitiva, trátase dunha magnífica iniciativa que, deixando a discriminación e os prexuízos de lado, trata de aportar saídas laborais á mocidade e conseguir a súa plena inserción no mundo laboral.