A Fundación Emalcsa estrea novo Padroado

O Padroado é o máximo órgano reitor da Fundación Emalcsa e asume, de acordou, cos Estatutos, o goberno, representación e administración da Fundación.

A Xunta de Goberno local do Concello da Coruña na sesión celebrada esta tarde, designou ao novo Padroado da Fundaicón Emalcsa, sendo a presidenta do organismo, Dª Inés Rey García, e vicepresidenta, Dª Eudoxia María Neira Fernández.

Os vogais do Padroado son: D. Juan Ignacio Borrego Vázquez, D. Roberto García Fernández, Dª. Esperanza Peñalosa López-Pin, Dª. María Teresa Gutiérrez Roselló, Dª. Silvia Cameán Calvete, Dª. María García Gómez, D. Francisco Jorquera Caselas.

E, asisten ao Padroado con voz, pero sen voto: o secretario non Patrono, D. Manuel José Díaz Sánchez, e o director xerente da Fundación Emalcsa, D. Manuel Aguilar López.