Esta mañá tivo lugar no salón de plenos do Concello da Coruña o acto de firma dos convenios da V convocatoria do programa “Cultura Accesible e Inclusiva”, impulsado pola Fundación Emalcsa e en colaboración co concello. O acto contou coa participación da presidenta da Fundación Emalcsa e alcaldesa de A Coruña, Inés Rey, así como da vicepresidenta da entidade e concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Yoya Neira, a directora de Responsabilidade Social Corporativa de Vegalsa-Eroski, Gabriela González, a directora de comunicación da Fundación María José Jove, Belén Rey, e con representantes das entidades subvencionadas nesta edición do programa.
Durante o acto, Inés Rey, sinalou que se destinarán “máis de 800.000 euros para proxectos inclusivos de entidades con traxectoria e experiencia no eido da cultura e para seguir sobre todo dando protagonismo á cultura como unha ferramenta transformadora que nos fai falta a todos para medrar como sociedade”.
Pola súa banda, a representante da asociación Poten100mos, Cristina de la Puente, sinalou que “para nós este recoñecemento é unha gran motivación xa que se realiza nun ano moi difícil, rocambolesco e de moitos malabares” e agradeceu á Fundación Emalcsa “o seu apoio á cultura inclusiva”.
O programa ‘Cultura Accesible e Inclusiva” é un dos programas de inclusión que se levan a cabo anualmente desde a Fundación Emalcsa. A continuidade do proxecto e do lanzamento desta nova convocatoria recobran vital importancia, celebrándose nun ano excepcional ante un contexto nunca vivido, remarcando o valor cultural, así como o desenvolvemento artístico da cidade, especialmente das personas diversas. Nestos momentos, atender aos colectivos máis desfavorecidos e dotar de ferramentas de inclusión e benestar social a través da cultura, vólvese indispensable para mellorar a vida da cidadanía.
As entidades seleccionadas na V convocatoria son:
- Poten100mos
- Asociación Participa para a Inclusión Social
- Amigos do Museo de Belas Artes
- Asociación Cultural 3×4
- Asociación Cultural Coruñesa Negus
- Viraventos
- Ese8
- Asociación Cultural para a Integración Social Diversos
- Asociación Cultural Zalaeta
- Mundo sen Guerra e Sen Violencia A Coruá
- Sociedade Filatélica de A Coruña
- Demusicade
- Asociación sociocultural Acampa
- ANPA Zalaeta Campo de Leña
- Asociación Proxecto Máscaras
- Club Iniciativas Deportivas Universitarias