A Fundación Emalcsa e o Concello da Coruña asinan coas entidades seleccionadas a VII Convocatoria do programa ‘Deporte Solidario e Inclusivo’

Esta mañá tivo lugar no salón de plenos do Concello da Coruña o acto de sinatura dos convenios da VII convocatoria do programa ‘Deporte Solidario e Inclusivo’, impulsado pola Fundación Emalcsa e en colaboración co concello.
Ao acto asistiron a presidenta da Fundación Emalcsa e alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a vicepresidenta da fundación e concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Yoya Neira, a concelleira de Deportes, Mónica Martínez e o director de comunicación de Gadisa, José Luis Fernández, así como os representantes das entidades subvencionadas nesta edición do programa.
Inés Rey, anunciou que se destinarán un total 250.000 euros ás 23 entidades participantes e sinalou que grazas a este programa créanse empregos para 312 persoas e mobilízanse a 372 voluntarios. Tamén asegurou que este programa “expresa o noso compromiso e o da Fundación Emalcsa coa igualdade de oportunidades, coa integración social e o fomento do deporte base, e no contexto que estamos a vivir por mor da pandemia serve para mitigar o impacto negativo da crise económica no tecido social e deportivo da cidade”
O representante das entidades beneficiarias nesta VII convocatoria do Programa, Antonio Dubra, agradeceu ao concello o labor a favor da inclusión social das persoas máis vulnerables.

As entidades subvencionadas son:

  • Asociación Cultural Alquimia Inline
  • Club Torre S.D.
  • Clun Natación Coruña
  • Agrupación de Montañeros Independientes
  • Club Escuela de Tenis Marineda
  • Orillamar Sociedad Deportiva
  • Club Halterofilia Coruña
  • Unión Vecinal Ventorrillo
  • Club Zalaeta 100 Tolos
  • Club de Rugby Arquitectura Técnica
  • Club del Mar San Amaro
  • Club Eirís Sociedad Deportiva
  • Club Esgrima Coruña
  • Real Sociedad Deportiva Hípica de A Coruña
  • Athlétic Coruña Hóckey Club
  • Real Club Náutico de A Coruña
  • Spórting Club Casino de A Coruña
  • Sociedad Deportiva As Xubias
  • Club Maristas
  • Club de Ximnasia Rítmica María Barbeito
  • Club Marítimo de Oza
  • Escuela de Fútbol de Novo Mesoiro