A Fundación Emalcsa e a Sociedade Filatélica da Coruña entregan os premios do concurso ‘Un xenio volve á casa’

A presidenta da Fundación Emalcsa e alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu o acto de entrega de premios do concurso de artes plásticas ‘Un xenio volve á casa’, que forma parte da VI convocatoria do programa Cultura Accesible e Inclusiva da fundación e organizado por esta e a Sociedade Filatélica da Coruña. Durante o acto, Rey estivo acompañada por Yoya Neira, vicepresidenta da Fundación Emalcsa e concelleira da Área de Benestar Social, e José Luis Rey, presidente da Sociedade Filatélica.

O proxecto ‘Un xenio volve á casa’ busca conmemorar o 50 aniversario do pasamento de Pablo Picasso. A Coruña forma parte das cidades picassianas por ser a cidade que viu nacer o ímpeto artístico do pintor malagueño. O concurso consistiu na elaboración de postais emitidas por Correos como resultado de dous murais que homenaxean a Picasso. A súa realización correspondeulles aos usuarios e usuarias de Asperga e Aspronaga. Rey quixo salientar que ‘esta iniciativa busca conformar unha cultura coruñesa máis inclusiva e accesible’.

A presidenta da Fundación Emalcsa agradeceulles a Asperga e Aspronaga a súa labor pola cultura inclusiva mediante iniciativas coma esta. Tamén destacou o papel da Sociedade Filatélica na sociedade coruñesa por involucrarse nun gran número de iniciativas sociais. ‘Debedes estar orgullosos e orgullosas, pois desde hoxe formades parte deste Ano Picasso, que está a achegar á Coruña unha chea de eventos e exposicións do gran xenio da pintura’.

Lista de premiadas e premiados:

  • Álvaro Amores García
  • Daniela Araujo Bangueses
  • Lucas Ávila Abad
  • Ionut Badea
  • Benjamín Barbadillo Jove
  • Diego Bellón Couto
  • Celia Bergantiños Vázquez
  • Roberto Céspedes Rodríguez
  • Santiago Couto Vázquez
  • Elvira de la Iglesia Cedeira
  • Iago Díaz López
  • Raúl Encinas González
  • Marcos Esmorís Fernández
  • José Fontela Tallón
  • Javier Fraga Sobrado
  • José Manuel Gago López
  • Alejandro Grandío Mata
  • Adrián López Varela
  • Víctor Martínez López
  • Marcos Novoa Varela
  • Josefina Rodríguez Hermida
  • Walter Vázquez García
  • Claudia Vázquez Pérez