Esta mañá tivo lugar o acto de firma dos convenios de colaboración coas entidades seleccionadas na VI convocatoria do programa ‘Cultura Accesible e Inclusiva’, impulsado pola Fundación Emalcsa en colaboración co concello da Coruña, para a posta en marcha de proxectos culturais que favorecen a inclusión social na cidade.
O acto contou coa presencia de Inés Rey, presidenta da Fundación Emalcsa e alcaldesa da Coruña, de Yoya Neira, vicepresidenta da fundación e concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, así como de Belén Rey, directora de comunicación da Fundación María José Jove, e de representantes das distintas asociacións subvencionadas.
Durante a súa intervención, Inés Rey destacou o programa ‘Cultura Accesible e Inclusiva’ como exemplo de ‘como a alianza entre entidades públicas e privadas fortalece a cohesión social e promove a participación cidadá na contorna local’.
Este ano serán 16 os proxectos sociais de entidades culturais coruñesas, que contarán cun presuposto de 100.000 euros para levar a cabo programas que fomenten a inclusión de colectivos discriminados socialmente por motivo de discapacidade ou baixos recursos económicos, ofrecéndolles espazos culturais seguros e os medios necesarios para mellorar o seu benestar e deselvolvemento persoal.
O eixo central sobre o que se desenvolverán estos proxectos é o uso da cultura como instrumento transformador, centrando a atención nos colectivos máis vulnerables.
As entidades seleccionadas da VI convocatoria do programa ‘Cultura Accesible e Inclusiva’ son:
- Demusicade
- Asociación Xuvenil Atlántica Axa
- Asociación Participa para a Inclusión Social
- Asociación Amigos do Museo de Belas Artes
- Asociación Cultural Zalaeta
- Negus
- Asociación 3×4
- S8
- Poten100mos
- Asociación Cultural para a Integración Social Diversos
- Sociedade Filatélica
- Asociación Cultural AÏS
- Atempo
- Viraventos