Esta mañá tivo lugar no salón de plenos do Concello da Coruña o acto de sinatura dos convenios da VIII convocatoria do programa ‘Deporte Solidario e Inclusivo’ da Fundación Emalcsa co obxectivo de favorecer a inclusión a través de iniciativas deportivas.
‘Estas inciativas permitirán continuar a construcción dunha Coruña máis inclusiva e igualitaria‘, sinalou Inés Rey, presidenta da Fundación Emalcsa e alcaldesa da Coruña, que estivo presente no acto xunto con Yoya Neira, concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, o director de comunicación de Gadisa, José Luis Fernández, e representantes das entidades seleccionadas.
O programa ‘Deporte Solidario e Inclusivo’ destina axudas para a promoción da igualdade de oportunidades, a integración social e o fomento de hábitos de vida saludables a través do deporte. ‘O Concello da Coruña reafirma, deste xeito, o seu compromiso coa comunidade deportiva da cidade, achegando recursos para a continuidade da súa labor social‘, destacou Rey durante a súa intervención.
Os 20 proxectos seleccionados nesta convocatoria, aos que se destinarán un total de 250.000€, impactarán de maneira directa en máis de 3.800 personas, que participarán durante os próximos meses en numerosas actividades de carácter deportivo.
Gran parte dos proxectos seleccionados incorporan, ademáis, a oferta de prazas de carácter gratuíto nas actividades dos clubs dirixidas, principalmente a menores en risco de exclusión económica. Serán un total de 388 prazas xestionadas polo persoal de Servizos Sociais Municipais.
As entidades suvbencionadas na VIII convocatoria do programa ‘Deporte Solidario e Inclusivo’ son:
- Club Escuela de Tenis Marineda
- Alquimia Inline
- AMI Montañismo
- Zalaeta 100Tolos
- Club Halterofilia Coruña
- Orillamar SD
- RSD Hípica de la Coruña
- Club Torre SD
- Sporting Club Casino de La Coruña
- Club Natación
- Club Esgrima A Coruña
- Athletic Coruña Hockey Club