A Fundación Emalcsa apoia á cooperativa Mulleres Colleiteiras coa cesión dunha furgoneta a gas

A Fundación Emalcsa entregou esta mañá á cooperativa Mulleres Colleiteiras unha furgoneta a gas que lles permitirá recoller de maneira máis doada o aceite usado na vía pública.

Ao acto de entrega, que tivo lugar na EDAR Bens, asistiu a vicepresidenta da Fundación Emalcsa e concelleira de Igualdade e Benestar Social, Yoya Neira, a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, ademais de representantes da cooperativa Mulleres Colleiteiras.

A furgoneta, que operará con gas procedente da depuración de augas da EDAR Bens de maneira gratuita e limpa, conta cunha rampla adaptada na parte traseira que permite subir cargas pesadas ao vehículo sen esforzo.

Con esta iniciativa, tanto a Fundación Emalcsa coma o Concello da Coruña, amosan o seu compromiso medioambiental e o seu apoio ao tecido asociativo da cidade e a súa contorna.