A Escuela de Tenis Marineda recibirá o Premio á Xestión Deportiva de Inclusión Social na gala de entrega dos XII Premios Galicia á Xestión Deportiva, que terá lugar o próximo venres 4 de marzo na sede de AFundación da cidade de Vigo.
Este premio, concedido pola Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE), recoñece a labor da asociación enmarcada dentro do ‘Programa Deporte Solidario e Inclusivo’ da Fundación Emalcsa, que favorece a realización de actividades deportivas caracterizadas polos principios de inclusividade e a diversidade.
Trátase dun recoñecemento moi necesario no eido da concienciación social e cultural sobre as persoas con diversidade funcional e o seu dereito a gozar de todas as actividades deportivas existentes.