Integrantes da Fundación Adcor e Asperga participan no obradoiro Xpresa de inclusión social a través do cine

Os días 30 de xuño e 1 de xuño celebrouse na sede de Afundación na Coruña a sexta edición do obradoiro Xpresa de inclusión social a través do cine, organizado pola Asociación eSe8 e que forma parte do programa Cultura Accesible e Inclusiva de Fundación Emalcsa.

Baixo o título ‘Nostalxia da imaxe’, a actividade estivo impartida pola artista portuguesa Tânia Dinis. Durante a xornada do venres participaron membros da Fundación Adcor, que traballa para mellorar a vida de persoas adultas en situación de dependencia, mentras que o sábado foi o turno dos socios e socias de Asperga (Asociación Galega de Asperger)

A través da manipulación de fotografías familiares intervidas e de diversos medios visuais e cinematográficos, as persoas participantes poideron crear novas imaxes e, sobre todo, novas historias. Unha actividade que pretendía ‘buscar novas interpretacións do arquivo doméstico e traballar a inclusión e os temas sociais, xa que moitas veces é a través da arte que consigues a verdadeira transformación’, afirmou Tânia Dinis.

O VI Obradoiro Xpresa, organizado pola asociación cultural sen ánimo de lucro eSe8 coa colaboración dos Museos Científicos da Coruña e Afundación – Obra Social ABANCA, cerrou a programación extendida da XIV edición do (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña.